«As mulleres temos un papel fundamental nos avances e transformacións da sociedade. Co noso traballo e investigación podemos crear auténticas revolucións. Por iso, precisamos ser vistas e recoñecidas.»
As propias docentes e investigadoras, xunto coa Unidade de Cultura Científica e da Innovación e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, conmemoran con diferentes propostas o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
O obxectivo principal é destacar o labor das mulleres na investigación, establecer referentes femininos no campo da I+D e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero.
As escolas de enxeñaría xunto coa Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo conmemoran este día con numerosas actividades:
Elas Fan CienTec – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
A EEI ten programadas as seguintes actividades:
9:30 – 9:45 Benvida por parte da Subdirectora de Alumnado e Relacións Institucionais da EEI – Foto grupal na entrada da EEI – descrición da Actividade 11F: E ti, queres ser enxeñeira?
9:45 – 9:55 Benvida por parte de Natalia Caparrini – Vicerreitora de Estudiantado e Empregabilidade da UVigo.
9:55 – 10:15 Relatorio a cargo de Ana Mejías Sacaluga – Docente e Enxeñeira de Organización Industrial da EEI.
10:15 – 11:00 Relatorio a cargo de Sonia Segade Blanco – Directora de transformación dixital e tecnoloxía de Renfe.
11:00 – 11:45 Actividade 11F/Parte 1 – Enxeñeiras da EEI: Entrevista.
11:45 – 12:10 escanso.
12:10 – 12:30 Showroom das JAI’2025.
12:30 – 13:20 Actividade 11F/Parte 2 – Así imaxinabas a unha enxeñeira?
13:20 – 13:25 Peche da Actividade 11F.
13:25 – 13:30 Dirección cara aos autobuses.