BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Vigotec - ECPv6.18.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Vigotec
X-ORIGINAL-URL:https://vigotecnoloxico.uvigo.es/gl/
X-WR-CALDESC:Eventos de Vigotec
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260922T093000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260923T170000
DTSTAMP:20260916T122541Z
CREATED:20260916T122541Z
LAST-MODIFIED:20260916T122541Z
UID:20954-1790069400-1790182800@vigotecnoloxico.uvigo.es
SUMMARY:II Xornadas de Enxeñaría Biomédica
DESCRIPTION:É posible coa impresión 3D fabricar un implante personalizado para un paciente? Como axuda a intelixencia artificial para diagnosticar enfermidades? Que papel terán os robots nos quirófanos do futuro? \nEstas son algunhas das preguntas que se abordarán nas II Xornadas de Enxeñaría Biomédica os días 22 e 23 de setembro na Escola de Enxeñaría Industrial. As xornadas son un punto de encontro entre o talento universitario\, a investigación e o tecido empresarial para explorar o presente e o futuro da tecnoloxía aplicada á saúde. \nO encontro reunirá a profesionais sanitarios\, investigadores\, empresas tecnolóxicas e estudantes para mostrar como a tecnoloxía\, a enxeñería e a medicina están a transformar a saúde e mellorando a calidade de vida das persoas. \nA Enxeñería Biomédica é unha disciplina que combina coñecementos de enxeñería\, tecnoloxía e ciencias da saúde para deseñar solucións innovadoras destinadas ao diagnóstico\, tratamento e seguimento de enfermidades. Grazas a ela existen avances tan importantes como as próteses intelixentes\, os sistemas de imaxe médica\, a cirurxía asistida por computador ou os dispositivos de monitorización de pacientes. \nDurante as xornadas celebraranse conferencias e obradoiros nos que expertos de hospitais\, centros de investigación e empresas presentarán algunhas das tecnoloxías máis innovadoras do sector. Entre os temas salientables atópanse a aplicación da intelixencia artificial ao tratamento de trastornos do sono\, os avances en cirurxía minimamente invasiva\, o desenvolvemento de implantes personalizados mediante técnicas dixitais e as posibilidades da impresión 3D no ámbito sanitario. \nAdemais\, os asistentes poderán visitar unha exposición de equipamento biomédico onde coñecer de cerca dispositivos reais utilizados en hospitais e empresas do sector. Esta actividade permitirá descubrir como a innovación tecnolóxica chega finalmente aos pacientes e contribúe a unha atención sanitaria máis eficaz e personalizada. \nA programación contará tamén coa participación de salientables especialistas ofrecendo unha oportunidade única para achegarse a algúns dos desafíos científicos e tecnolóxicos que marcarán a atención sanitaria das próximas décadas. Con esta iniciativa\, a EEI reforza o seu compromiso coa formación de profesionais capaces de afrontar os retos dunha sociedade cada vez máis tecnolóxica e cunha crecente demanda de solucións innovadoras para a saúde.
URL:https://vigotecnoloxico.uvigo.es/gl/evento/ii-xornadas-de-enxenaria-biomedica/
LOCATION:Escuela de Ingeniería Industrial UVigo\, Rúa Maxwell 9\, Vigo\, Pontevedra\, 36310\, España
CATEGORIES:Xornadas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vigotecnoloxico.uvigo.es/wp-content/uploads/2026/09/20260922-23-JIB-Ingenieria-Biomedica-2026-Axenda-Web-Evento.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR