{"id":15072,"date":"2023-02-13T13:23:41","date_gmt":"2023-02-13T12:23:41","guid":{"rendered":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/?p=15072"},"modified":"2023-02-13T13:23:41","modified_gmt":"2023-02-13T12:23:41","slug":"eu-de-maior-quero-ser-cientifica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/","title":{"rendered":"Eu de maior quero ser cient\u00edfica"},"content":{"rendered":"<h3><strong>No 11F, investigadoras da UVigo reivindican o papel da muller na ciencia<\/strong><\/h3>\n<p>Eu de maior quero ser profesora; eu de maior quero ser enfermeira; eu de maior quero ser\u00a0avogada&#8230;. E, por que non un eu quero ser enxe\u00f1eira ou eu quero ser investigadora? Na elecci\u00f3n dos estudos segue a persistir unha fenda de x\u00e9nero e uns estereotipos que provocan que as mulleres apenas representen o 32% nas titulaci\u00f3ns STEM, as relacionadas coa ciencia e a tecnolox\u00eda, como sucede na Universidade de Vigo. Mentres, o x\u00e9nero feminino ten maior presenza nas outras ramas do co\u00f1ecemento, como artes e humanidades (73%), ciencias da sa\u00fade (78%) ou ciencias sociais e xur\u00eddicas (60%). Para reivindicar a presenza das mulleres como motores no mundo da ciencia <strong>cel\u00e9brase o 11 de febreiro o D\u00eda Internacional da Muller e da Nena na Ciencia<\/strong>, unha efem\u00e9ride \u00e1 que a Universidade se suma coa organizaci\u00f3n de m\u00faltiples actividades tanto por parte das docentes e investigadoras dos diferentes centros como dende a <a href=\"http:\/\/ucc.webs.uvigo.es\/\">Unidade de Cultura Cient\u00edfica<\/a> e da <a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/es\/universidad\/administracion-personal\/organizacion-administrativa\/unidad-igualdad\">Unidade de Igualdade<\/a>.<\/p>\n<p>Ao longo do venres, no campus de Vigo celebrouse a s\u00e9tima edici\u00f3n do programa de obradoiros <strong>Elas Fan CienTec<\/strong> para mozas de institutos da contorna, as\u00ed como a entrega dos premios do concurso para investigadoras do <a href=\"https:\/\/cim.uvigo.gal\/\">Centro de Investigaci\u00f3ns Mari\u00f1as<\/a>, <strong>Marie Tharp<\/strong>. Na tarde do xoves tam\u00e9n se celebrou unha charla interxeracional entre catro mulleres investigadoras da UVigo e, ao longo da primeira quincena deste mes, tam\u00e9n se est\u00e1n a desenvolver unha serie de 73 charlas e actividades repartidas por 36 centros educativos de Galicia da man de 35 cient\u00edficas da UVigo. O campus de Ourense, pola s\u00faa banda, tam\u00e9n se suma \u00e1 conmemoraci\u00f3n desta data coa celebraci\u00f3n da <strong>feira cient\u00edfica eXXperimenta<\/strong> en feminino que tivo lugar o venres no centro da cidade e coa iniciativa <strong>Oracle4girls<\/strong>, que se desenvolveu a ma\u00f1\u00e1 do s\u00e1bado 11 na <a href=\"https:\/\/esei.uvigo.es\/\">Escola Superior de Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica<\/a>.<\/p>\n<p>A vicerreitora de Investigaci\u00f3n da UVigo, Bel\u00e9n Rubio, considera que todas estas actividades e iniciativas para celebrar o 11F son moi importantes para, por unha banda, espertar vocaci\u00f3ns entre as nenas que est\u00e1n chamadas a converterse nas cient\u00edficas do futuro e, por outra banda, para visibilizar o traballo das mulleres que traballan nas \u00e1reas STEM. \u201cAs nosas investigadoras m\u00e1is novas deben ser conscientes de que poden ser investigadoras principais de proxectos, l\u00edderes de grupos e\/ou centros, de empresas, ou o que se propo\u00f1an, ao igual que os homes\u201d, sinala Rubio, que ten claro que o progreso na ciencia require rematar coa exclusi\u00f3n das mulleres investigadoras na toma de decisi\u00f3ns e na busca de soluci\u00f3ns. Neste sentido, a vicerreitora reivindica o papel pioneiro da UVigo aplicando acci\u00f3ns positivas, como a avaliaci\u00f3n da produci\u00f3n cient\u00edfica das investigadoras, a concesi\u00f3n de distintivos de igualdade nos centros, a creaci\u00f3n de sala de lactaci\u00f3n, &#8230; \u201cEste curso implementamos, ademais, unha desgravaci\u00f3n total de docencia \u00e1s mulleres tras o parto, para fomentar que non perdan o ritmo de investigaci\u00f3n, logren os sexenios no tempo que lles corresponda e poidan acceder a prazas de titular ou catedr\u00e1tica en igualdade de condici\u00f3ns. S\u00f3 as\u00ed, co tempo, seremos quen de acadar igualdade nese desequilibrio que existe na actualidade\u201d, asegura Rubio.<\/p>\n<p>Para a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, \u201co 11F \u00e9 un d\u00eda para reivindicar a importancia de incorporar nenas e mulleres na ciencia, pero tam\u00e9n resulta un d\u00eda de celebraci\u00f3n da solidariedade interxeneracional entre mulleres con traxectorias pasadas na ciencia e nenas cun futuro esperanzador no \u00e1mbito cient\u00edfico\u201d. A directora da Unidade de Igualdade agradece o interese e traballo de investigadoras e docentes da UVigo que estes d\u00edas, \u201cdun xeito totalmente altru\u00edsta e xeneroso\u201d, ded\u00edcanse a organizar actividades cient\u00edficas e tecnol\u00f3xicas, co obxectivo de achegar o co\u00f1ecemento \u00e1s nenas e nenos dos centros de ensino p\u00fablico de Galicia, \u201ca fin de rematar coa hist\u00f3rica exclusi\u00f3n sistem\u00e1tica das mulleres dos espazos de co\u00f1ecemento\u201d. Considera \u00c1gueda G\u00f3mez que unha ciencia e un co\u00f1ecemento cient\u00edfico excelente feito por toda a humanidade, e ao servizo de toda a humanidade, \u201cprecisa das nenas e mulleres para eliminar os sesgos androc\u00e9ntricos. As mulleres estamos a mudar o mundo. Conseguimos mudar as formas de mirar e de investigar. Agora vemos e v\u00e9monos\u201d.<\/p>\n<h3><strong>164 mozas en Elas Fan CienTec<\/strong><\/h3>\n<p>Ao longo da xornada do venres, 164 mozas participaron nalgunha das 16 actividades pr\u00e1cticas e manipulativas que tiveron lugar no <a href=\"https:\/\/cinbio.es\/\">Centro de Investigaci\u00f3ns Biom\u00e9dicas (CINBIO)<\/a> e nas Escolas de <a href=\"https:\/\/eei.uvigo.es\/es\/\">Enxe\u00f1er\u00eda Industrial<\/a>, <a href=\"https:\/\/teleco.uvigo.es\/es\/\">Enxe\u00f1ar\u00eda de Telecomunicaci\u00f3n<\/a> e <a href=\"http:\/\/minaseenerxia.uvigo.es\/es\/\">Enxe\u00f1ar\u00eda de Minas e Enerx\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>No CINBIO, as estudantes do IES A Gu\u00eda, de Vigo, e do IES Pedro Floriani, de Redondela, puideron participar en oito talleres diferentes sobre mol\u00e9culas, preparaci\u00f3n de nanopart\u00edculas de ouro, s\u00edntese de nanopart\u00edculas, enfermidades raras, extracci\u00f3n de ADN da froita, neurocircu\u00edtos ou determinaci\u00f3n do grupo sangu\u00edneo.\u00a0A <strong>EE Industrial<\/strong> acolleu a un grupo de alumnas do IES Escolas Proval, de Nigr\u00e1n, que realizaron, guiadas polas docentes da escola, un obradoiro de termograf\u00eda infravermella e outro de dese\u00f1o e prototipado. Outra das sedes desta iniciativa foi a <strong>EE de Minas e Enerx\u00eda<\/strong>, que programou para as alumnas do IES Illa de Tambo, de Mar\u00edn, talleres de reco\u00f1ecemento de minerais, a xincana Science Games: Catching Fire e o concurso grupal The Wall. Finalmente, as estudantes do IES Ricerdo Mella, de Vigo, acheg\u00e1ronse \u00e1 <strong>EE de Telecomunicaci\u00f3n<\/strong>, onde puideron participar nunha sesi\u00f3n de detectives de imaxes, un taller de programaci\u00f3n dun xogo con Scratch e outro de programaci\u00f3n web.<\/p>\n<h3><strong>Excelente acollida da feira eXXperimenta en Feminino<\/strong><\/h3>\n<p>Xa en Ourense, a praza do Bispo Ces\u00e1reo, situada no centro da cidade, acolleu unha nova edici\u00f3n da\u00a0<a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/sites\/uvigo.gal\/files\/contents\/events\/2023-02\/cartaz.pdf\">feira divulgativa eXXperimenta en Feminino<\/a>, organizada pola Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica, a Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Aeron\u00e1utica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermar\u00eda do campus de Ourense co apoio do Concello. En 13 postos abertos ao p\u00fablico, as persoas interesadas puideron achegarse a \u201cdescubrir a maxia da ciencia\u201d da man de investigadoras e alumnas. Desde que abriu as s\u00faas portas \u00e1s 11.00 horas, a chegada de grupos escolares foi continua, destacando e agradecendo desde a organizaci\u00f3n a extraordinaria acollida que tivo esta nova edici\u00f3n da feira, que por segundo ano consecutivo sa\u00edu do campus para celebrarse no centro da cidade. No percorrido por cada un dos postos, rapazas e rapaces pero tam\u00e9n cidad\u00e1ns curiosos puideron desde crear un arco da vella nunha botella ou saber como se forman as nubes ata participar nunha \u201cescape room\u201d ambientada nunha (Bio)refinar\u00eda ou ver como funciona un t\u00fanel de vento.<\/p>\n<p>Na s\u00faa visita \u00e1 feira acompa\u00f1ada por \u00c1gueda G\u00f3mez e Armando Ojea, tenente alcalde de Ourense, Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense, felicitou \u00e1s persoas implicadas na actividade (arredor dun centenar das diferentes facultades e escolas, coas profesoras Alma G\u00f3mez, Nieves Lorenzo e Julia Carballo \u00e1 cabeza) polo \u00e9xito acadado. A responsable acad\u00e9mica subli\u00f1ou que esta actividade, que conta co apoio tam\u00e9n das unidades de Igualdade e Cultura Cient\u00edfica da UVigo, \u201c\u00e9 unha maneira de achegar o campus \u00e1 cidade e aos centros educativos e entronca cunha das li\u00f1as estrat\u00e9xicas transversais da Universidade de Vigo, a de fomentar a igualdade\u201d. Con moita satisfacci\u00f3n pola \u201cexcelente acollida\u201d que tivo a feira desde que abriu as s\u00faas portas, desde a organizaci\u00f3n de eXXperimenta en Feminino destacaron que con esta acci\u00f3n \u201cunha vez m\u00e1is estamos conseguindo que as rapazas e rapaces se interesen pola ciencia e que vexan que, en contra do que puidesen pesar a priori, hai moitas mulleres traballando no eido STEM\u201d. Igualmente, as promotoras da actividade salientaron o feito de que esta cita permite \u201c\u00e1 sociedade ver que, no campus de Ourense, os seus fillos e fillas poden estudar titulaci\u00f3ns de futuro\u201d.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n este venres, e no marco da programaci\u00f3n do 11F, celebrouse a segunda sesi\u00f3n da iniciativa <em>Pon o teu cerebro en modo igualdade<\/em>, coordinada pola investigadora da \u00c1rea de Psicolox\u00eda B\u00e1sica Mar\u00eda Jos\u00e9 V\u00e1zquez. A actividade, que conta igualmente co apoio das unidades de Cultura Cient\u00edfica e Igualdade da UVigo, pretende dar visibilidade entre o alumnado de Infantil e Primaria \u00e1s investigadoras que traballan no \u00e1mbito xur\u00eddico social e contribu\u00edr as\u00ed a crear referentes femininos neste eido. Se a primeira sesi\u00f3n celebrouse no CEIP Mestre Vide de Ourense, nesta ocasi\u00f3n a actividade tivo lugar no CEIP Xos\u00e9 Luis Taboada, na provincia de Lugo. Por \u00faltimo, a programaci\u00f3n co gallo do D\u00eda Internacional da Muller e da Nena na Ciencia rematou no campus de Ourense este s\u00e1bado coa celebraci\u00f3n na Escola Superior de Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica dos talleres tecnol\u00f3xicos para nenas\u00a0<a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/axenda\/oracle4girls-ourense\">Oracle4Girls Ourense<\/a>.<\/p>\n<h3><strong>Entrega de premios do Concurso Marie Tharp do CIM<\/strong><\/h3>\n<p>Tam\u00e9n no marco da celebraci\u00f3n do 11F, este venres entreg\u00e1ronse os premios do Concurso Marie Tharp convocado polo Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a da UVigo e dirixido a mulleres investigadoras predoutorais e posdoutorais do centro que quixesen contar o seu traballo nunha peza audiovisual dun minuto de duraci\u00f3n. O galard\u00f3n serve tam\u00e9n para po\u00f1er en valor a figura da cart\u00f3grafa oceanogr\u00e1fica e xe\u00f3loga mari\u00f1a Marie Tharp, coautora do primeiro mapamundi do relevo submarino. No acto deste venres, ao que asistiron a presidenta da Comisi\u00f3n de Igualdade e Sostenibilidade do CIM, Ana Berbabeu\u00a0e o director do CIM, Daniel Rey, proxect\u00e1ronse os v\u00eddeos galardoados e entreg\u00e1ronse os premios \u00e1s ga\u00f1adoras que no caso da categor\u00eda predoutoral foi Mar\u00eda Alborja Valado e, na posdoutoral junior, Sara Gamboa Jurado-Centuri\u00f3n, mentres que Iria Garc\u00eda Moreiras recibir\u00e1 unha menci\u00f3n especial.<\/p>\n<p>No acto, Ana Bernabeu avogou por \u201cseguir impulsando acci\u00f3ns para a igualdade de x\u00e9nero\u201d e animou \u00e1s rapazas a manter o entusiasmo, incidindo en que \u201co 50% do talento investigador feminino se perde durante a carreira cient\u00edfica. As mulleres estamos moi presentes nas primeiras etapas como son os graos, doutoramentos e mestrados, pero logo imos desaparecendo de xeito gradual ata chegar a ser s\u00f3 o 25% dos catedr\u00e1ticos\u201d. Pola s\u00faa banda, Rey fixo un percorrido pola traxectoria profesional de Marie Tharp e lembrou que &#8220;tivo que agardar aos \u00faltimos anos da s\u00faa vida para recibir axeitado reco\u00f1ecemento polas s\u00faas contribuci\u00f3ns, por iso o CIM-UVigo quixo sumarse aos reco\u00f1ecementos \u00e1 s\u00faa achega entregando hoxe a primeira edici\u00f3n dos premios que levan o seu nome e que esperamos repetir cada 11 de febreiro\u201d.<\/p>\n<h3><strong>Charla interxeracional no edificio Redeiras<\/strong><\/h3>\n<p>As actividades para conmemorar o 11F arrancaron o pasado xoves, coa entrega dos <strong>Premios GirlGeekCovid<\/strong> aos mellores expedientes de alumnas do eido cient\u00edfico e tecnol\u00f3xico e coa celebraci\u00f3n dunha charla interxeracional no edificio Redeiras, na que participaron as docentes Ux\u00eda G\u00f3mez Bouz\u00f3, do Departamento de Qu\u00edmica Org\u00e1nica; Julinda Molares Cardoso, do Departamento de Comunicaci\u00f3n Audiovisual e Publicidade; Julia A. Serra Rodr\u00edguez, do Departamento de F\u00edsica Aplicada e Helena Cort\u00e9s Gabaudan, do Departamento de Filolox\u00eda Inglesa. O obxectivo era xerar un debate entre catro mulleres investigadoras que se atopan en diferentes etapas da s\u00faa traxectoria profesional para compartir as s\u00faas experiencias e reflexi\u00f3ns como mulleres de ciencia. Na conversa entre elas recordaron os seus inicios e repasaron as s\u00faas diferentes traxectorias, os motivos polos que elixiron as s\u00faas disciplinas e as axudas e dificultades que se atoparon polo cami\u00f1o, sen esquecerse das e dos que foron os seus referentes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Fonte: <a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/eu-maior-quero-ser-cientifica\">DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No 11F, investigadoras da UVigo reivindican o papel da muller na ciencia Eu de maior quero ser profesora; eu de maior quero ser enfermeira; eu de maior quero ser\u00a0avogada&#8230;. E, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15073,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[45,74,75,73],"tags":[],"class_list":["post-15072","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actualidade","category-escola-enxeneria-industrial","category-escola-enxeneria-minas-e-enerxia","category-escola-enxeneria-telecomunicacion"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.5 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Eu de maior quero ser cient\u00edfica - Vigotec<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Eu de maior quero ser cient\u00edfica - Vigotec\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"No 11F, investigadoras da UVigo reivindican o papel da muller na ciencia Eu de maior quero ser profesora; eu de maior quero ser enfermeira; eu de maior quero ser\u00a0avogada&#8230;. E, [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Vigotec\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2023-02-13T12:23:41+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/193.11f3.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1400\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"787\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Vigo Tecnol\u00f3xico\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Vigo Tecnol\u00f3xico\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"9 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Vigo Tecnol\u00f3xico\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/d84c0a39f8bce765fd0ea112c2f6cd36\"},\"headline\":\"Eu de maior quero ser cient\u00edfica\",\"datePublished\":\"2023-02-13T12:23:41+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/\"},\"wordCount\":2032,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/02\\\/193.11f3.jpg\",\"articleSection\":[\"Actualidade\",\"Escola Enxe\u00f1er\u00eda Industrial\",\"Escola Enxe\u00f1er\u00eda Minas e Enerx\u00eda\",\"Escola Enxe\u00f1er\u00eda Telecomunicaci\u00f3n\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/\",\"name\":\"Eu de maior quero ser cient\u00edfica - Vigotec\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/02\\\/193.11f3.jpg\",\"datePublished\":\"2023-02-13T12:23:41+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/02\\\/193.11f3.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/02\\\/193.11f3.jpg\",\"width\":1400,\"height\":787},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Eu de maior quero ser cient\u00edfica\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/\",\"name\":\"Vigotec\",\"description\":\"Cintecx\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/#organization\",\"name\":\"Campus Vigo tecnol\u00f3xico\",\"url\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/12\\\/logo-vigo-tecnoloxico-uvigo.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/12\\\/logo-vigo-tecnoloxico-uvigo.png\",\"width\":415,\"height\":84,\"caption\":\"Campus Vigo tecnol\u00f3xico\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/vigotecnoloxico.uvigo.es\\\/gl\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/d84c0a39f8bce765fd0ea112c2f6cd36\",\"name\":\"Vigo Tecnol\u00f3xico\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/f2c1379a2e34636e137c9da8a1c58f4b0dd719658243139cac8dc4814384c3f8?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/f2c1379a2e34636e137c9da8a1c58f4b0dd719658243139cac8dc4814384c3f8?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/f2c1379a2e34636e137c9da8a1c58f4b0dd719658243139cac8dc4814384c3f8?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Vigo Tecnol\u00f3xico\"}}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Eu de maior quero ser cient\u00edfica - Vigotec","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Eu de maior quero ser cient\u00edfica - Vigotec","og_description":"No 11F, investigadoras da UVigo reivindican o papel da muller na ciencia Eu de maior quero ser profesora; eu de maior quero ser enfermeira; eu de maior quero ser\u00a0avogada&#8230;. E, [&hellip;]","og_url":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/","og_site_name":"Vigotec","article_published_time":"2023-02-13T12:23:41+00:00","og_image":[{"width":1400,"height":787,"url":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/193.11f3.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Vigo Tecnol\u00f3xico","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"Vigo Tecnol\u00f3xico","Tempo de lectura":"9 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/"},"author":{"name":"Vigo Tecnol\u00f3xico","@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/#\/schema\/person\/d84c0a39f8bce765fd0ea112c2f6cd36"},"headline":"Eu de maior quero ser cient\u00edfica","datePublished":"2023-02-13T12:23:41+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/"},"wordCount":2032,"publisher":{"@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/193.11f3.jpg","articleSection":["Actualidade","Escola Enxe\u00f1er\u00eda Industrial","Escola Enxe\u00f1er\u00eda Minas e Enerx\u00eda","Escola Enxe\u00f1er\u00eda Telecomunicaci\u00f3n"],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/","url":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/","name":"Eu de maior quero ser cient\u00edfica - Vigotec","isPartOf":{"@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/193.11f3.jpg","datePublished":"2023-02-13T12:23:41+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/#primaryimage","url":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/193.11f3.jpg","contentUrl":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/193.11f3.jpg","width":1400,"height":787},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/eu-de-maior-quero-ser-cientifica\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Eu de maior quero ser cient\u00edfica"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/#website","url":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/","name":"Vigotec","description":"Cintecx","publisher":{"@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/#organization","name":"Campus Vigo tecnol\u00f3xico","url":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/logo-vigo-tecnoloxico-uvigo.png","contentUrl":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/logo-vigo-tecnoloxico-uvigo.png","width":415,"height":84,"caption":"Campus Vigo tecnol\u00f3xico"},"image":{"@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/#\/schema\/person\/d84c0a39f8bce765fd0ea112c2f6cd36","name":"Vigo Tecnol\u00f3xico","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/f2c1379a2e34636e137c9da8a1c58f4b0dd719658243139cac8dc4814384c3f8?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/f2c1379a2e34636e137c9da8a1c58f4b0dd719658243139cac8dc4814384c3f8?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/f2c1379a2e34636e137c9da8a1c58f4b0dd719658243139cac8dc4814384c3f8?s=96&d=mm&r=g","caption":"Vigo Tecnol\u00f3xico"}}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15072","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15072"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15072\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15077,"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15072\/revisions\/15077"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15073"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15072"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15072"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/vigotecnoloxico.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15072"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}