O Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais (XESSMin) protagoniza o novo vídeo da serie “Que facemos?” da UCC+i

Vigo TecnolóxicoActualidadeO Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais (XESSMin) protagoniza o novo vídeo da serie “Que facemos?” da UCC+i

Unidade da Cultura Científica e da Innovación da UVigo (UCC+i) acaba de publicar un novo vídeo da serie “Que facemos?”, unha aposta pola divulgación científica e tecnolóxica que achega o traballo dos grupos de investigación da UVigo. Nesta ocasión o protagonista é o Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais (XESSMin) que forma parte do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase no aproveitamento sostible dos recursos mineiros e enerxéticos; a mecánica de rochas; a enxeñaría cartográfica; o control da calidade de materias mediante o emprego de técnicas de visión artificial e o emprego de algoritmos matemáticos avanzados para o modelado ambiental.

 

 

O XESSMin é un dos grupos de investigación da Universidade de Vigo que participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Concello de Vigo.

 

Fonte: Unidade da Cultura Científica e da Innovación da UVigo (UCC+i)