Difícil seleccionar entre a colleita deste ano!
Doce meses, doce badaladas, doce novas. Parece moito papar doce uvas en pouco máis de 30 segundos. Pero parécenos pouco seleccionar 12 noticias entre toda a colleita do Campus Vigo Tecnolóxico en 2024. Foron moitas as boas novas que nos trouxeron todas as persoas que estudan, traballan na docencia, na investigación, nos distintos servizos e administración da universidade ou colaboran nas asociacións estudantís. Tamén houbo algunha mala, e non esquecemos aquelas persoas que xa non están entre nós. Tampouco deixamos de dar valor a aquilo que se repite de xeito recorrente, como eses eventos anuais que cumpren o tan importante labor de difusión e divulgación, ou os éxitos das tres asociacións estudantís que levamos anos apoiando. Sexa como for, aí vai o intento deste ano de equilibrar a selección (con algunha “trampa” para poder superar este límite autoimposto, se nos permitides).
Primeiras experiencias en investigación para alumnado da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
A UVigo celebra o 8M premiando a iniciativa Elas Fan CienTec
Entre as iniciativas que pouco a pouco van conseguindo pór de relevo o papel da muller nas disciplinas STEM, non podemos deixar de destacar as gañadoras dos premios GirlGeekPower deste ano ou o ciclo Conectando en igualdade.
UVigo SpaceLab estrea a estación terrea máis avanzada da Universidade
Sentida homenaxe ao profesor José Juan Pazos Arias
Un artigo centrado na Pena do Equilibrio, premio internacional Giovanni Barla 2023
Ángeles Sanromán, nova directora do CINTECX
Tamén queremos lembrar que José Fariña Rodríguez foi elixido novo director da EEI e que Elena Alonso Prieto continúa, polo de agora, á fronte da EME.
Gran desempeño do Boeiro I en Mónaco
Aprobado o Grao en Enxeñaría da Automoción, o primeiro de Galicia con mención dual
Ben sabedes que o sector da automoción é moi importante para nós, porque tamén o é para a nosa contorna. Destacamos tamén que este ano arrancou o proxecto de electromobilidade Facendo Plus, do que tedes máis información nesta web.
Pedro Arias Sánchez, medalla Isidro Parga Pondal da RAGC
Non foron poucas as distincións recibidas este ano polos nosos investigadores e investigadoras. Tamén destacamos os premios RAGC-UIE e Enxeño para Belén Riveiro e Fernando Pérez.
Unha estancia de tres meses para coñecer a enxeñaría máis social
Entre os grandes avances que nos achegan os nosos centros de investigación, atlanTTic e CINTECX, gústanos subliñar tamén a importancia social da enxeñaría. Desde melloras na seguridade viaria a afrontar a soidade non desexada.
AER Automation celebrou na EEI a súa sexta xuntanza anual
E, proximamente, as JAI.