JNIC é un congreso científico que promove o contacto, intercambio e discusión de ideas, coñecementos e experiencias entre a rede académica e de investigación por unha parte, e profesionais e empresas por outra. Serve de escaparte dos últimos avances científicos na materia e materializa un foro de debate no que presentar perspectivas e enfoques innovadores en ciberseguridade, posibilitando a conexión entre a acción investigadora e innovadora e o desenvolvemento de produtos e servizos de valor para a sociedade. Investigadores e profesionais de diferentes puntos da xeografía nacional presentarán o resultado das súas investigacións científicas desde diversas perspectivas cun nexo común: a ciberseguridade.