Misión, Visión e Valores

Vigo TecnolóxicoVigo TecnolóxicoMisión, Visión e Valores

Misión

A misión de Vigo Tecnolóxico é crear e transferir coñecemento e innovacións baixo un enfoque colaborativo multi e inter-disciplinario nos ámbitos da telecomunicación e das tecnoloxías, enerxía e procesos industriais.

Visión

Vigo Tecnolóxico aspira a ser un Campus de Especialización da Universidade de Vigo que aglutine as competencias científicas e tecnolóxicas nos ámbitos da telecomunicación e das tecnoloxías, enerxía e procesos industriais, recoñecido a nivel nacional e internacional como punto focal do ecosistema de innovación rexional pola súa contribución á mellora da innovación e competitividade de Galicia.

Valores

Contribución ao desenvolvemento socioeconómico

Transparencia na xestión

Participación activa da súa comunidade académica

Defensa da equidade e a igualdade de oportunidades

Impulso ás relacións internacionais

Incorporación da multi e interdisciplinariedade nas súas accións