Historia

2014
Campus Vigo Tecnolóxico

A Universidade de Vigo crea o Campus Vigo Tecnolóxico en Vigo, con José Antonio Vilán como Comisionado. Na mesma liña xorden tamén o Campus da Auga en Ourense e o Campus CREA en Pontevedra.

2017
Vigo Tecnolóxico-Estratexia 2025

O Reitor da Universidade de Vigo nomea a Edita de Lorenzo como Comisionada para Vigo Tecnolóxico e publícase a estratexia para o campus baixo o nome Vigo Tecnolóxico-Estratexia 2025.

2018
Daniel Villanueva novo director

Co cambio de Goberno na Universidade de Vigo, o campus pasa a depender da Vicerreitoría de Transferencia, ao cargo de María Consuelo Pérez, e nomease a Daniel Villanueva como Director do Vigo Tecnolóxico.

2019
Estratexias e plans Vigo Tecnolóxico

Delimítanse as novas liñas de especialización do Vigo Tecnolóxico e establécense os modelos de gobernanza e organización, as estratexias e os plans operativo e de viabilidade económica do trienio 2019-2022.

2020
María Belén Rubio

O campus pasa a depender da Vicerreitoría de Investigación, ao cargo de María Belén Rubio.

Actualidade
Campus de Especialización

Xestión do proceso de acreditación como Campus de Especialización por parte da Xunta de Galicia.