O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro do ciclo de charlas en enxeñería da automoción.
Será impartida por D. Juan Antonio Muñoz Codina, Director Industrial Stellantis Península Ibérica, que nos falará do proceso de transformación do automóbil. Juan Antonio Muñoz formouse como enxeñeiro na nosa Escola e ocupou ao longo de toda a súa carreira en Stellantis importantes postos directivos.
Para poder asistir é necesario rexistrarse neste formulario.