“As enxeñarías do campus están no mellor momento da súa historia”
Atlántico entrevista a Daniel Villanueva, director do Campus Vigo Tecnolóxico.
Nunha entrevista a cargo do xornalista Sergio Fernández e publicada no diario Atlántico, Villanueva fai un repaso á traxectoria deste campus, que conxuga a actividade e intereses das tres escolas de enxeñaría viguesas (Enxeñaría Industrial, Enxeñaría de Minas e Enerxía e Enxeñaría de Telecomunicación) e dous centros de investigación, atlanTTic (o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo) e CINTECX (Centro de Investigación en Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais). Unha traxectoria de preto de 10 anos resumida en apenas 8 minutos de entrevista, destacando a estratexia do campus, as sinerxías entre as escolas de enxeñaría e as perspectivas de futuro.
A entrevista foi publicada tamén en vídeo (imaxe: Gonzalo Pamies).
O texto completo está dispoñible na web do diario: https://www.atlantico.net/articulo/entrevista-a/daniel-villanueva-director-campus-vigo-tecnoloxico/202404121827251027954.html