A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación celebra os LPRO-Days, unha xornada didáctico-formativa na que se amosan os proxectos tecnolóxicos desenvolvidos por estudantes dos últimos cursos desta escola dentro da materia Laboratorio de Proxectos.
Ao igual que na anteriror edición faranse dúas sesións. O xoves 2 pola mañá na propia EET para o persoal e alumnado da UVigo e o venres día 3 no Museo Verbum de Vigo, co seguinte programa:
-09.30 h a 14.00 h: visita de centros escolares
-16.00 h a 18.00 h: visita a empresas e acceso libre
-18.00 h a 19.00 h: entrega de premios e clausura, coa presenza do alcalde, Abel Caballero; a directora da escola, Rebeca Díaz, e o profesor Manuel Caeiro, coordinador da actividade.