Faladoiros no Berbés: os mundos científicos de Vigo. Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Faladoiros no Berbés: os mundos científicos de Vigo. Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares

Xuño 12 - 7:30 p.m. | 10:00 p.m.

Faladoiros no Berbés. Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares

Relator: Jorge Otero-Millán, profesor da Universidade de California, Berkeley

Presenta: Humberto Michinel, catedrático de Física, docente na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo

3ª sesión do ciclo de coloquios divulgativos Faladoiros no Berbés. Os mundos científicos de Vigo, unha proposta que chega da man da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración co Ateneo Atlántico e coa que se busca achegarlle á cidadanía o traballo que recoñecidas investigadoras e investigadores vigueses están a levar a cabo por todo o mundo da man de persoal investigador da UVigo que traballa no mesmo campo de estudo.

Esta última sesión do ciclo leva por título Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares e será impartida por Jorge Otero Millán, exalumno da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que actualmente traballa como profesor de Optometría e Ciencias da Visión na Universidade de California, Berkeley. Estará acompañado polo catedrático en Física Humberto Michinel, docente na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo especializado no campo da fotónica e as tecnoloxías láser.

No edificio Redeiras. Entrada de balde.

Detalles

Data:
Xuño 12
Hora:
7:30 p.m. | 10:00 p.m.
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/jorge-otero-millan-faladoiros-berbes

Protagonista

Unidad de Cultura Científica de Vigo y de la Innovación (UCC+i)
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Edificio Redeiras
Praza do Berbés, 11
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map