Axenda

  • II Xornada: A muller na profesión de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais

    Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía UVigo Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, Spain

    O día 4 de novembro terá lugar na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo a II xornada «A muller na profesión de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais». O obxectivo é dar visibilidade e poñer en valor a actividade profesional das mulleres nos ámbitos da Enxeñaría de Minas, Enerxía e […]

  • II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal

    Cidade da Cultura de Galicia Monte Gaiás, Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

    O II Encontro Ciber.gal, un dos eventos máis importantes en materia de ciberseguridade, consta de dúas xornadas de actividades e relatorios con especialistas na salvagarda da información e das comunicacións, que atinxe a todos os niveis da sociedade. Trátase dun evento aberto á sociedade.   INSCRICIÓN

  • XVI Edición das xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser

    AIMEN Centro Tecnolóxico Polígono Industrial de Cataboi SUR-PPI-2 (Sector 2), Parcela 3, 36418, Porriño (Pontevedra), Porriño, Pontevedra, España

    Estas xornadas, que acadan a súa decimo sesta edición, están xa arraigadas coma un importante encontro internacional entre investigadores, profesionais e usuarios da tecnoloxía láser aplicada ao procesado de materiais. Trátase dunha cita ineludible na que se presentan os derradeiros avances en tecnoloxía láser con aplicación industrial.   INSCRICIÓN

  • Junior Tech Talent Day

    CTAG POLIGONO INDUSTRIAL A GRANXA (CL A), PARCELAS 249-250, 36475, O Porrino (Pontevedra), Porriño, Pontevedra, España

    O 11 de novembro celebrarase o Junior Tech Talent Day, un evento dirixido a estudantes de Máster, de último ano de grao e recén titulados/as de Enxeñerías Industriais, Telecomunicacións ou Informática no que abrirán as portas das distintas áreas técnicas do seu Centro en O Porriño.   INSCRICIÓN

  • Xornadas JAI 2022

    Escola de Enxeñaría Industrial UVigo Rúa Maxwell 9, Vigo, Pontevedra, Spain

    As VIII Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial oriéntanse a difusión formativa e informativa das máis innovadoras e avanzadas tecnoloxías de automatización industrial, fomentando a interacción entre profesionais do eido e estudantes.

  • Xornada de Portas Abertas no Cintecx

    Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    Estudantes de varios colexios asistirán o martes 15 de novembro a unha nova Xornada de Portas Abertas no Cintecx

  • Automotive Manufacturing Intelligence Solutions – CTAG

    CTAG POLIGONO INDUSTRIAL A GRANXA (CL A), PARCELAS 249-250, 36475, O Porrino (Pontevedra), Porriño, Pontevedra, España

    Nesta xornada, promovida por Hexagon, presentaranse as solucións de fabricación intelixente impulsadas pola misma empresa no ámbito do sector da automoción, con foco especialmente fixado na información 3D aplicada ao desenvolvemento e fabricación de automóbiles e nas solucións de dixitalizado 3D para a inspección e virtualización da produción en vehículos.   INSCRIPCIÓN

  • Xoves Empregables 2022: Profesións emerxentes

    Online

    Os Xoves Empregables  é un ciclo de conferencias en liña e obradoiros para fomentar a empregabilidade de estudantes e persoas recén tituladas. Esta é unha actividade impulsada pola Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.

  • Conecta con atlanTTic

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Volve Conecta con atlanTTic, a Xornada de Portas Abertas anual na que parte do persoal investigador do centro amosará a actividade que está a desenvolver en ámbitos clave para as telecomunicacións. Realizaranse demostracións e presentacións de proxectos para achegar ao público, dun xeito ameno e interactivo, algunhas das principais liñas de traballo: Comunicacións 5G. Comunicacións […]

  • CURSO ONLINE ARCHICAD. NIVEL INTERMEDIO

    Online

    O curso ARCHICAD: Nivel intermedio permítelle ao alumno usar técnicas avanzadas e específicas para levar a cabo calquera tipo de proxecto arquitectónico afondando en materiais e métodos construtivos, así como na representación do modelo.