Axenda

XGN R Encounter 2021

FIG Abanca Avda. Recinto Feiral S/N, Silleda, Pontevedra, España

A party informática XGN R Encounter é unha reunión multitudinaria de persoas afeccionadas e profesionais da informática e as TIC que buscan intercambiar coñecementos e desenvolver actividades relacionadas con este eido.

XXV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Hotel Oca Puerta del Camino Miguel Ferro Caaveiro s/n, Santiago de Compostela, A Coruña, España

Gran cita anual do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia na que están presentes destacadas entidades, empresas e profesionais do sector TIC. Este ano celébrase o 25 aniversario do evento baixo o eslogan Liderando a transformación dixital galega.

Hackathon Industria 4.0 – Inicio rexistro

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo colabora con Orange e Optare Solutions no impulso dun hackathon tecnolóxico para que distintos equipos evalúen as prestacións que se poden ofrecer a través dunha rede 5G. En particular, búscase a súa aplicación no eido da Industria 4.0 contando para iso coa participación de Ancora.

Galicia Innovation Days 2021

GALICIA INNOVATION DAYS 2021: Towards Horizon Europe é un evento internacional, virtual e gratuíto que contará cunha serie de paneis de discusión, presentacións de casos de éxito, obradoiros e reunións para explorar futuros proxectos de colaboración entre universidades e empresas ao abeiro do programa marco da UE Horizonte Europa.

Xornada de portas abertas no Cintecx

Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

Co obxectivo de abrir os laboratorios á cidadanía e achegar a investigación científica e tecnolóxica á sociedade naceu en 2018 o programa Divulgando Ciencia Singular, unha iniciativa para que os centros de investigación da Universidade de Vigo dean a coñecer de primeira man o traballo que desenvolven. O Cintecx (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxías […]

Tecno-Startups

Edificio Miralles UVigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, Spain

O evento "Tecno-Startups: Oportunidades e modalidades de financiamento para startups tecnolóxicas" busca visibilizar como atraer a atención de fondos, “ family offices” e investidores privados e institucionais ao ecosistema de startups de Galicia.

Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal

Cidade da Cultura de Galicia Monte Gaiás, Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

Encontro que aglutinará a entidades referentes no eido da ciberseguridade como o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), así como ás principais empresas do ecosistema e a axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento.

Fórum RIES21

Balneario de Mondariz Avenida Enrique Peinador, s/n, Mondariz, Pontevedra

VI edición do Fórum RIES (Retos Internacionais do Ecosistema Saúde), evento máis importante do ecosistema de saúde de Galicia. Este ano a temática principal estará centrada na revolución dixital da atención sanitaria e os coidados.

CINTECX Challenge 2022: apertura do prazo de participación

Concurso anual de axudas para o desenvolvemento de proyectos de I+D colaborativos entre os diferentes grupos de investigación integrados no Centro de Investigación de Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da UVigo.

Workshop Cátedra Feminismos 4.0: “Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado”

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, celebra a 3ª edición do workshop Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado, baixo o lema Intelixencia artificial feminista fronte aos algoritmos machistas. Cunha modalidade semipresencial, o obxectivo é manter activo un espazo de reflexión colectiva ao redor do denominado “patriarcado […]

Mobile Week Ourense

Ourense Ourense, Ourense, España

Evento que ofrece á cidadanía un espazo no que participar activamente mediante distintas actividades dos cambios que traen as novedades tecnolóxicas.

Xornada de Portas Abertas no atlanTTic

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

Co obxectivo de abrir os laboratorios á cidadanía e achegar a investigación científica e tecnolóxica á sociedade naceu en 2018 o programa Divulgando Ciencia Singular, unha iniciativa para que os centros de investigación da Universidade de Vigo dean a coñecer de primeira man o traballo que desenvolven. O atlanTTic (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación) […]