Axenda

  • C3TF – CITIC Cyber Competition

    Competición de ciberseguridade destinada a estudantes coa fin de practicar e desenvolver as súas habilidades neste ámbito. As persoas interesadas en participar poden apuntarse en equipos de máximo 5 persoas e enfrontaranse a diferentes retos nas categorías de esteganografía, forense, pentesting, entre outras. Poden elixir entre tres modalidades de participación: Presencial no CITIC da UDC. […]

  • III Xornadas Técnicas AER-UVigo

    UVigo TV

    Mesa redonda organizada pola Asociación Española de Robótica e Automatización e a Universidade de Vigo co gallo do 8M Día Internacional das Mulleres baixo o título "Mulleres AER no sector da automatización e da robótica".

  • Seminario: Visión xeral da virtualización e o Centro de Datos Definido por Software (SDDC)

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Relatores: -Alberto Martínez. Professional Services Delivery Manager, Iberia Vmware -Luis Fernández-Checa. Professional Services Senior Consultant, Iberia Vmware Martes 8 de marzo, 2022 16.00 - 18.00 horas Salón de graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (Campus Vigo Tecnolóxico) Mércores 9 de marzo, 2022 10.30 - 12.30 horas Salón de graos da Escola Superior de Enxeñaría […]

  • Foro Tecnolóxico de Emprego

    Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía UVigo Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, Spain

    O Foro Tecnolóxico de Emprego é unha iniciativa creada no ano 2001 polas delegacións de alumnado das Escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrial e Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, que busca facilitar o acercamento laboral das empresas aos futuros titulados de corte técnico da Universidade. Durante o encontro, as empresas participantes poden ter […]

  • Ciclo A Galicia que funciona: loita contra os incendios

    Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    Ciclo de conferencias e debate impulsado por FARO e a UVigo para ofrecer respostas aos desafíos e preocupacións da comunidade e servir de guía dende o coñecemento. Nesta ocasión será o turno de CINTECX (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais), que abordará o tema da “Loita contra os incendios”.

  • Xornada: Mulleres e Ciberseguridade

    Edificio Miralles UVigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    Mesa redonda centrada nas contribucións e papel das mulleres no eido da ciberseguridade, que contará coa participación das seguintes relatoras baixo a moderación de Ana Fernández Vilas (Coordinación MUNICS UVigo - UDC) da Universidade de Vigo: Rosa Díaz Moles (Directora Xeral de INCIBE - Instituto Nacional de Ciberseguridade) Esther Mateo Rodriguez (D.G. de Seguridade, Procesos […]

  • I Encontro Ágora da Cátedra Telefónica-UVigo

    CITEXVI Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    Baixo o título “A innovación tecnolóxica e a súa importancia na competitividade da industria”, a Cátedra Telefónica e a Universidade de Vigo propoñen o I Encontro Ágora o vindeiro 25 de marzo. Enmarcado no programa Espazos de Innovación, o evento celebrarase no Edificio CITEXVI do campus de Vigo e analizará o grao de dixitalización actual na industria galega, reflexionará sobre […]

  • Charla CES UVigo

    A Industriosa Rúa Barcelona, 13, Vigo, Vigo, Pontevedra, España

    Os integrantes da asociación de estudantes CES UVigo (Clean Energy Ship) darán unha charla en formato online na que exporán o seu traballo de deseño e fabricación de barcos propulsados por luz solar para participar en competicións internacionais.

  • Ciclo A Galicia que funciona: Coche conectado e coche autónomo

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Ciclo de conferencias e debate impulsado por FARO e a UVigo para ofrecer respostas aos desafíos e preocupacións da comunidade e servir de guía dende o coñecemento. Nesta ocasión será o turno da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo (EET), que abordará o tema do “Coche conectado e coche autónomo”.