Category

atlanTTic
Sanromán recibiu a Medalla Parga Pondal e Pastoriza a Antonio Casares, no acto celebrado no Pazo de Fonseca As investigadoras e docentes da Universidade de Vigo, Ángeles Sanromán Braga e Isabel Pastoriza Santos, recibiron o pasado xoves 6 de outubro, data da celebración do Día da Ciencia en Galicia, as Medallas de Investigación 2022, Isidro...
Read More
O Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) desenvolve as apps do proxecto Erasmus+ Allure, no que tamén participan socios lusos, polacos e islandeses Que persoas con discapacidade, migrantes, terceira idade ou con baixas cualificacións profesionais poidan asistir de xeito accesible, a través de dúas aplicacións, a eventos culturais, é o obxectivo do proxecto Erasmus+ Allure...
Read More
A Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), coordinada pola UVigo, contou cunha feira científica no Berbés, paseos divulgativos e conferencias nos tres campus A praza do Berbés foi o epicentro, na tarde-noite do pasado venres 30 de setembro, da divulgación científica coa celebración da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), unha iniciativa coordinada pola Universidade...
Read More
O venres 30 de setembro as principais cidades galegas acollerán máis de 70 actividades Por segundo ano consecutivo, as rúas, museos, bares e praias das grandes urbes galegas converteranse en punto de encontro do traballo que desenvolven as e os científicos coa sociedade, que terá a oportunidade, de un xeito lúdico, accesible e gratuíto, de...
Read More
A Federación Internacional de Astronáutica e a Sociedade China de Astronáutica organizan a competición Space Universities Cubesat Challenges (SUCC), onde o alumnado a UVigo saíu vencedor O nanosatélite BIXO (Bacteriological Intercommunication Experiment in Orbit), que están a desenvolver preto de 40 estudantes da Universidade de Vigo, integrados en UVigo SpaceLab, será enviado ao espazo no...
Read More
Coa participación de Juan Picos, de Enxeñaría Forestal, e Pedro Orgeira, de Enxeñaría Aeronáutica Coincidindo coa celebración do Día Europeo da Cooperación, os socios do proxecto de innovación Firepoctep, dirixido á loita contra os grandes incendios forestais e a xestión dos espazos susceptibles de sufrilos, organizaron para o pasado mércores unha xornada de sensibilización contra...
Read More
Estes premios foron impulsados pola UVigo e a Deputación de Pontevedra no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 As mozas matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2022/2023 en titulacións de grao ou mestrado das ramas de enxeñaría e arquitectura e de ciencias e ciencias da saúde dos campus de Pontevedra e Vigo poden optar...
Read More
O proxecto, coordinado por Hispasat, conta coa participación de múltiples empresas e institucións e situará a España na vangarda das comunicacións espaciais seguras A Universidade de Vigo é unha das entidades que está a participar no estudo de viabilidade de Caramuel, a primeira misión satelital global en órbita xeoestacionaria destinada á distribución cuántica de claves,...
Read More
Organizado por A Bela Auria e a UVigo co apoio do Xacobeo e a Deputación de Ourense PEDRA, Festival de Saberes, é unha iniciativa que xunta “arqueoloxía experimental, música, danza e gastronomía na procura dun futuro para o rural”. Organizado pola asociación A Bela Auria e a Universidade de Vigo co apoio do Xacobeo e a...
Read More
Universidade e Deputación de Pontevedra impulsan estas axudas para os campus de Vigo e Pontevedra A Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo destina 24.772 euros a financiar cinco proxectos de investigación que promoven o I+D no ámbito da cultura e da sociedade dixital en estudos feministas e de xénero. A convocatoria, que se abriu o pasado mes,...
Read More
1 … 3 4 5 6 7 … 12