Category

Cintecx
Ignacio Pérez Rey recibe o IRM Young Rock Engineer Award
Imaxe: CINTECX Ignacio Pérez Rey, do CINTECX, recibe o premio IRM Young Rock Engineer Award 2025 Lidera o proxecto TRACONROC, un dos tres gañadores da CINTECX Challenge 2025 Ignacio Pérez Rey, investigador do CINTECX (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais do Campus Vigo Tecnolóxico) vén de ser distinguido co “Young Rock Engineer...
Read More
Xornada ‘Por que faltan mulleres na enxeñaría?
CINTECX celebrou o Día Internacional da Muller en Enxeñaría reclamando solucións á fenda de xénero Propúxose actuar desde as etapas temperás e centrar a atención no rol dos homes O pasado 23 de xuño, coincidindo co Día Internacional da Muller na Enxeñaría, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) do Campus...
Read More
Intervintes en "Mulleres que lideran"
CINTECX e Aimen presentan “Mulleres que lideran” É unha iniciativa enmarcada no programa de mentoría do centro de investigación O Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais do Campus Vigo Tecnolóxico, CINTECX, e o centro tecnolóxico Aimen, con sede en Porriño, únense para celebrar de xeito conxunto a Semana da Muller. Así, teñen...
Read More
Belén Riveiro recollendo o galardón de mans do presidente da academia Jaime Domínguez
Imaxe: Belén Riveiro recolle o galardón de mans do presidente da Academia, Jaime Domínguez (Real Academia de Ingeniería). Belén Riveiro, de CINTECX, Premio Agustín de Betancourt y Molina da RAING Destaca a súa contribución á monitorización das estruturas de enxeñaría civil Esta semana, Belén Riveiro Rodríguez, profesora e investigadora do CINTECX, viaxou a Madrid para...
Read More
Foto de familia coa vicerreitora e a directora da Unidade de Igualdade
Imaxe: foto de familia coa vicerreitora de Investigación, Belén Rubio Armesto (terceira pola dereita), a directora da Unidade de Igualdade, Yolanda Rodríguez Castro (no medio), e a directora de CINTECX, Ángeles Sanromán Braga (primeira pola dereita). (Duvi). CINTECX continúa visibilizando as mulleres investigadoras Numerosas actividades  na UVigo conmemorarán o 11F, Día da Muller e da...
Read More
Directora e subdirector do CINTECX cos e as IPs das e propostas gañadoras challenge 2025
Imaxe: Ángeles Sanromán e Félix Quintero, directora e subdirector do CINTECX (terceira e primeiro pola dereita, respectivamente) cos e as IPs das propostas gañadoras do Challenge 2025; Ignacio Pérez Rey,  María Pazo Rodríguez, Antía Fernández Sanromán e Aránzazu Pintos Alonso (Duvi) CINTECX presenta as propostas de investigación gañadoras en 2025 Tamén se presentaron os resultados...
Read More
Despedimos 2024
Difícil seleccionar entre a colleita deste ano! Doce meses, doce badaladas, doce novas. Parece moito papar doce uvas en pouco máis de 30 segundos. Pero parécenos pouco seleccionar 12 noticias entre toda a colleita do Campus Vigo Tecnolóxico en 2024. Foron moitas as boas novas que nos trouxeron todas as persoas que estudan, traballan na...
Read More
Belén Riveiro (esquerda) e Fernando Pérez (sostendo a distinción)
Imaxes: Belén Riveiro (esquerda) e Fernando Pérez (sostendo a distinción). (Duvi) Premios para Belén Riveiro, de CINTECX, e Fernando Pérez, de atlanTTic, polo seu labor de investigación Foron distinguidos en certames organizados por RAGC-UIE e GOETTGA, respectivamente Os novos premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores xoves, organizados pola Real Academia Galega de Ciencias e a...
Read More
Un caso de estudo do proxecto RoadS2Win
Imaxe: un caso de estudo do proxecto RoadS2Win (Duvi) Xemelgos dixitais para mellorar a seguridade viaria Persoal científico de CINTECX recrea as condicións viarias en réplicas dixitais O grupo GeoTECH, Xeotecnoloxías aplicadas, traballa actualmente no proxecto RoadS2Win, Enhanching ROAD Safety through digital twinning technologies (‘Mellorando a seguridade na estrada mediante tecnoloxías de xemelgo dixital’), centrado...
Read More
Prototipo no CERN
Imaxe: prototipo no CERN (CERN) CINTECX, no proxecto internacional máis destacado para o estudo de neutrinos Tres investigadores da UVigo no proxecto DUNE DUNE (Deep Underground Neutrino Experiment) é un experimento cuxo obxectivo é medir as diferenzas entre a oscilación de neutrinos (que teñen unha masa un millón de veces inferior á do electrón, cando...
Read More
1 2 3