“As enxeñarías do campus están no mellor momento da súa historia”

Vigo TecnolóxicoActualidade“As enxeñarías do campus están no mellor momento da súa historia”
Daniel Villanueva, director de Vigo Tecnolóxico, na redacción de Atlántico

“As enxeñarías do campus están no mellor momento da súa historia”

Atlántico entrevista a Daniel Villanueva, director do Campus Vigo Tecnolóxico.

Nunha entrevista a cargo do xornalista Sergio Fernández e publicada no diario Atlántico, Villanueva fai un repaso á traxectoria deste campus, que conxuga a actividade e intereses das tres escolas de enxeñaría viguesas (Enxeñaría Industrial, Enxeñaría de Minas e Enerxía e Enxeñaría de Telecomunicación) e dous centros de investigación, atlanTTic (o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo) e CINTECX (Centro de Investigación en Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais). Unha traxectoria de preto de 10 anos resumida en apenas 8 minutos de entrevista, destacando a estratexia do campus, as sinerxías entre as escolas de enxeñaría e as perspectivas de futuro.

A entrevista foi publicada tamén en vídeo (imaxe: Gonzalo Pamies).

 

O texto completo está dispoñible na web do diario: https://www.atlantico.net/articulo/entrevista-a/daniel-villanueva-director-campus-vigo-tecnoloxico/202404121827251027954.html