A CNCF (Cloud Native Computing Foundation) é unha organización que promove a adopción de tecnoloxías de computación nativa na nube. Forma parte da Linux Foundation e foi creada para axudar a desenvolver e manter proxectos de código aberto que facilitan a construción e operación de aplicacións en ambientes de nube.
A CNCF cumpre 10 anos e, en Cloud Native Galicia, queremos celebralo con estilo cunha edición moi especial na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
Este evento está deseñado para a comunidade técnica, estudantes e profesionais de Cloud Native. Contaremos cunha presentación técnica, un debate interactivo e moitas sorpresas, combinando aprendizaxe, reflexión e celebración. Os contidos do acto serán:
- Inauguración do evento a cargo de Dña. Rebeca P. Díaz Redondo, Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
- Presentación a cargo do Sr. Alberto Lorenzo Lamora, Xefe de CNCF Galicia.
- Presentación técnica convidada – 10 anos de Kubernetes e a CNCF a cargo do Sr. Antonio Ojea, Staff Engineer en Google.
- Debate moderado entre dous equipos de estudantes.
- Peche do acto e cerimonia de recoñecemento para os participantes.
Datas: xoves 9 de outubro de 2025, 16:00 a 18:00
Lugar: Salón de Actos
Destinatarios: estudantes da escola
É necesaria a inscrición na web da CNCF (no botón Login to RSVP) e, ata o día 8 de outubro, na materia do PAT en Moovi.
Os asistentes ao curso recibiran unha certificación de dúas horas.




