Xornada no marco do Día Europeo da Cooperación na que se falará do proxecto FIREPOCTEP, que é un proxecto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal destinado á prevención de incendios forestais nas zonas abarcadas pola eurorrexión así como a mellora de reacción cando estes se producen.
Entre os poñentes, atópanse María Isabel Doval e Juan Picos (UVigo), Carlos Ulloa e Pedro Orgeira (UVigo), Juan Manuel Revuelta (FINNOVA) e José Lopez (CIM Coimbra), entre outros.