Participar neste premio outorga a posibilidade de conseguir unha plaza financiada case totalmente para o Curso de Especialista en Ciberseguridade Industrial da Universidade de Vigo, que comeza en outubre. Poderán participar a comunidade de universitarios e titulados beneficiarios de prácticas FEUGA e a data límite será 29 de xullo ás 9:00h.
Terase a oportundiade de coñecer técnicas de ciberseguridade aplicadas en plantas industriais. Ademáis, os coñecementos teóricos que se imparten neste curso poranse en práctica empregando ferramentas e tecnoloxías de diversos fabricantes (FORTINET, MICROSOFT, NOZOMI NETWORKS e SIEMENS entre os máis destacados).