O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) organiza a segunda xornada do ciclo “Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico” o próximo 22 de febreiro de 2024. O obxectivo fundamental é concienciar a sociedade tratando de amosar a necesidade de que a tecnoloxía mude cara aspectos máis inclusivos, feministas e de diversidade, xa que o futuro só se pode construír en igualdade se a tecnoloxía tamén se crea e se usa dese xeito. Esta actividade conta co apoio da Unidade de Igualdade da UVigo.
O evento celebrarase no Edificio Miralles do campus da Universidade de Vigo (Sala 1) e tamén se poderá seguir en directo a través da Canle 1 de UVigo-TV.