
O 17 de abril de 2026 terá lugar o próximo ‘RobotFriday’.
É un concurso que ten como obxectivo fundamental achegar a universidade ao alumnado de Ensino Secundario e Bacharelato e fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEAM.
Este evento tamén é unha oportunidade para impulsar a interconexión entre estudantes de toda a comunidade e potenciar o desenvolvemento das competencias transversais e as soft skills, como o traballo en equipo, dado que a participación no concurso debe facerse en grupos de entre 3 e 6 participantes.
Consulta toda a información da 9ª Competición de Robots na seguinte ligazón: Bases Competición Robots 2026. O prazo de inscrición remata o 10 de febreiro de 2026 ás 23:59