ACM Workshop on Information Hiding and Multimedia Security

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

ACM Workshop on Information Hiding and Multimedia Security

Xuño 24 - 9:00 a.m. | Xuño 26 - 6:00 p.m.

M Workshop IH&MMSec'24a

O workshop ACM IH&MMSec é un dos principais acontecementos no ámbito da seguridade multimedia e atrae a investigadores/as de todo o mundo.

O taller céntrase en temas relacionados coa ocultación de información, como a esteganografía, a esteganálise, as marcas de auga dixitais, o anonimato, as comunicacións difíciles de interceptar e as canles encubertas. Tamén se tratarán diversos temas de seguridade multimedia, como autenticación multimedia, análise forense multimedia, biometría e privacidade.

As investigacións presentadas neste taller recollen os traballos máis avanzados realizados en institucións académicas, industriais e gobernamentais de todo o mundo. Os relatorios cobren aspectos teóricos significativos neste campo, así como novas aplicacións industriais e comerciais de técnicas e algoritmos desenvolvidos na área.

O encontro celebrarase do 24 ao 26 de xuño no parador Baiona baixo a dirección do profesor Fernando Pérez, líder do Grupo de Investigación en Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) de atlanTTic, equipo pioneiro con máis de 25 anos de experiencia no estudo da ocultación de información e seguridade multimedia. A organización deste congreso conta co apoio da ACM (Association of Computing Machinery) e a colaboración de Gradiant, o Concello de Baiona e os proxectos Uncover, TrumpetTruffles.

Horarios detallados

Detalles

Comezo:
Xuño 24 - 9:00 a.m.
Remate:
Xuño 26 - 6:00 p.m.
Páxina web:
https://www.ihmmsec.org/

Recinto

Parador de Baiona
Av. Arquitecto Jesús Valverde, 3
Baiona, Pontevedra 36300 España
+ Google Map
Phone
986355000
Ver a Páxina Web do Recinto