A Asociación Española de Robótica e Automatización (AER Automation) organiza en Vigo a próxima edición do seu summit anual, que será a sexta. Como cada ano, no evento poñeranse en valor as iniciativas nas que a asociación está a enfocar os seus esforzos para impulsar a automatización dos procesos industriais en España. Esta edición pretende achegar a industria 4.0 á academia, e reafirmar o seu compromiso coa comunidade e o ecosistema industrial, tecnolóxico e educativo galego. Será o 7 de novembro de 2024 no salón de actos da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Trátase dun evento reservado a asociadosAER e partnersAER.
A sesión comezará cunha mesa redonda co título “Talento feminino na industria galega”, moderada por Sara Calvo Arroyo e con participación de Patricia Moreira Cortés, Chelo Domínguez, Josefina Alonso Nocelo e Ana Paul. Abrindo a sesión de tarde, catro asociacións estudantís vinculadas á EEI terán a oportunidade de presentar os seus proxectos máis recentes diante dos representantes da industria: CES Uvigo, UVigo SpaceLab, UVigo Motorsport e UVigo Aerotech. Celebrarase un debate cara a cara baixo o título “Tecnoloxía e Humanismo: o desafío da nova era” entre Jordi Vallverdú e Javier G. Recuenco, moderado polo xornalista Aureli Vázquez. Durante a sesión intervirán representantes dos grupos de traballo e comisións de AER Automation. As persoas asociadas recibirán un formulario de reserva.