Competición de Robots da EEI. 7ª Edición

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Competición de Robots da EEI. 7ª Edición

Abril 19 - 10:30 a.m. | 5:00 p.m.

Competición de robots da Escola de Enxeñaría Industrial. 7ª edición

O concurso de robots é un concurso que vimos impulsando dende a EEI co obxecto de despertar o interese polas disciplinas STEM. Pretende ser unha xornada de convivencia na que poder compartir experiencias con outras persoas que teñen en común unha mesma paixón.

A proba terá lugar o venres 19 de abril de 2024 a partir das 10:30 horas nas instalacións da Escola de Enxeñería Industrial.

Unha oportunidade para aprender na que os equipos concursantes poderán familiarizarse co mundo da robótica participando na montaxe e programación dun robot móbil partindo do kit básico establecido pola organización.

Se desexas recibir máis información podes escribirnos ao correo eei.robots@uvigo.es e resolveremos todas as túas dúbidas.

Detalles

Data:
Abril 19
Hora:
10:30 a.m. | 5:00 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
Páxina web:
https://eei.uvigo.es/gl/alumnado/vi-competicion-de-robots-da-eei/

Recinto

Escuela de Ingeniería Industrial UVigo
Rúa Maxwell 9
Vigo, Pontevedra 36310 España
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto