O ámbito da loxística na cidade constitúe unha valiosa oportunidade para transformar as cousas e conseguir impactos positivos en termos operativos, económicos, sociais e medioambientais. As novas tecnoloxías ofrecen vantaxes que poden mellorar os fluxos loxísticos na área urbana ou incluso levalos a un modelo completamente novo, en termos de eficiencia, satisfacción e sostenibilidade.
O Concurso de Ideas SMART CITIES, aberto ata o 23 de setembro, busca premiar ás mellores ideas relacionadas coa loxística da cidade.
Este concurso está promovido polos socios do Proxecto CoLogistics, un proxecto da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.