O vindeiro luns 19 de decembro de 2022, o Observatorio Nacional 5G (iniciativa da fundación Mobile World Capital), en colaboración co Concello de Vigo, organiza a xornada Conectados 5G, unha cita onde profesionais do sector abordarán os principais retos e oportunidades da tecnoloxía 5G para Vigo. Un evento onde repensar, debatir, analizar e buscar oportunidades para que as cidades poidan convertirse en urbes intelixentes, conectadas, sostibles e competitivas ao servizo da cidadanía, das empresas, das emprendedoras e emprendedores, das entidades e da sociedade en xeral.
Participarán nesta xornada Felipe Gil Castiñeira e Francisco Javier Diaz Otero, investigadores de atlanTTic e docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Felipe Gil Castiñeira participará ás 10:30h na mesa redonda «VIGO: innovación tecnolóxica no ecosistema 5G» e Francisco Javier Diaz Otero ás 12:25h na mesa redonda «5G e o auxe de novos verticais: o impacto da nova conectividade para o emprendemento».