Crea e xestiona o teu perfil de investigador/a (Biblioteca Universitaria)

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Crea e xestiona o teu perfil de investigador/a (Biblioteca Universitaria)

16 Maio, 2022 - 8:00 a.m. | 30 Xuño, 2022 - 8:00 p.m.

O uso de formas diferentes no nome persoal do/da investigador/a ou da súa institución nas publicacións científicas, dificulta a recuperación das súas firmas e citas recibidas nas bases de datos e disminúe a visibilidade da súa produción científica e da súa institución. En consecuencia, é necesario elixir unha firma normalizada que identifique claramente o/a investigador/a e o/a distinga dos/as demáis. Tanto a normalización da firma como o uso de identificadores son dúas das actividades esenciais para xestionar adecuadamente a identidade dixital como investigador/a no actual entorno da investigación.

Este curso vai dirixido preferentemente ao persoal docente e investigador do CINTECX sen coñecementos previos ou con coñecementos básicos sobre perfís de investigador/a (por exemplo, que non conten co identificador ORCID ID ou que precisen completalo e vinculalo con outros perfís, ou ben que necesiten crear e xestionar outros perfís como ResearcherID ( WoS), Scopus Author ID, Google Scholar, etc.).

O alumnado que supere o curso recibirá un certificado de formación emitido pola Biblioteca Universitaria.

Información completa na web do link.

🖋 INSCRICIÓNS

Detalles

Comezo:
16 Maio, 2022 - 8:00 a.m.
Remate:
30 Xuño, 2022 - 8:00 p.m.
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://cintecx.uvigo.es/gl/evento/curso-crea-y-gestiona-tu-perfil-de-investigador-biblioteca-universitaria/

Recinto

Cintecx
Campus Universitario Lagoas-Marcosende
Vigo, Pontevedra 36310 España
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto