Power BI é unha novidosa solución que mellora a toma de decisións nos negocios. Está formada por un conxunto de ferramentras que permiten obter datos de moi diversas fontes, integralos e convertilos en información para que sexa analizada e compartida mediante excelentes ferramentas de visualización.
O curso Modelado e Análise de Datos con Power BI ten como obxectivo introducir o manexo da ferramenta Power BI. Aprenderase a crear auténticos cadros de mando para toma de decisións a través de diferentes orixes de datos.