Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CWN 2026: 13th International Workshop on Cooperative Wireless Networks

Outubro 14
CWN 2026: 13th International Workshop on Cooperative Wireless Networks

atlanTTic organiza o “13th International Workshop on Cooperative Wireless Networks (IEEE WiMob – CWN 2026)”

Do 14 ao 16 de outubro de 2026 celebrarase en Avignon (Francia) o 13th International Workshop on Cooperative Wireless Networks (CWN 2026), organizado por atlanTTic no marco da 22nd International Conference on Wireless and Mobile Computing, Networking and Communications (WiMob 2026).

Este workshop ten como obxectivo proporcionar un foro de encontro para investigadores, profesionais e expertos do ámbito académico e industrial onde presentar e debater novas ideas, resultados de investigación e contribucións innovadoras relacionadas coas redes sen fíos cooperativas, unha tecnoloxía crave para o desenvolvemento da Internet do Futuro.

O concepto de cooperación pode aplicarse a unha ampla variedade de tecnoloxías, sistemas e aplicacións, contribuíndo a un uso máis eficiente do espectro radioeléctrico (por exemplo, mediante radio cognitiva), á ampliación da cobertura de rede (diversidade cooperativa, comunicacións multi-salto ou ligazóns sidelink), á mellora do rendemento e a fiabilidade das comunicacións (codificación de rede, full-duplex relaying, protocolos cross-layer ou network slicing), así como a unha xestión máis intelixente das redes grazas a técnicas de intelixencia artificial e aprendizaxe automática para a asignación de recursos e a mitigación de interferencias. Así mesmo, as redes cooperativas desempeñan un papel fundamental no reforzo da seguridade e a resiliencia de servizos críticos, como as redes vehiculares ou as comunicacións de emerxencia.

Datas importantes:

  • Envío de traballos: 15 de xullo de 2026
  • Notificación de aceptación: 15 de agosto de 2026
  • Envío da versión final: 1 de setembro de 2026

Para máis información sobre o workshop, programa e proceso de envío de artigos, visita: http://cwn2026.uvigo.es/