Evento coordinado pola UVigo que busca dar a coñecer o valor do traballo desenvolvido polo persoal dedicado á ciencia e á tecnoloxía, así como a importancia desta actividade para a sociedade. Baixo o lema Conciencias creativas, celébrase en toda Galicia e en numerosas localidades europeas, onde se levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares.