Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Hackathon IBAI4DS

11 Decembro, 2025 - 3:00 p.m. | 8:00 p.m.
Hackathon IBAI4DS de Optare Solutions

IBAI4DS,pertencente ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e financiado con fondos NextGenerationEU é un proxecto de investigación industrial no ámbito das tecnoloxías dixitais avanzadas, centrado no desenvolvemento de capacidades para a xestión intelixente e automatizada de servizos dixitais. O proxecto investiga o uso de técnicas Intent Based Management para lograr unha xestión de recursos e servizos zero-touch, é dicir, totalmente automatizada, coa fin de acelerar a creación e despregamento de servizos dixitais de nova xeración.

O hackathon ou reto tecnolóxico preséntase como medio para dar a coñecer algunhas das tecnoloxías actuais de Intent Based Management, así como tecnoloxías de automatización en bucle pechado (Closed Loop Automation). Aprenderase o uso de LLMs comerciais (Gemini) para detección de intencións con function calling para automatización de tarefas en contornas 5G Edge Computing. Para iso organízase esta xornada de divulgación na que, tras unha pequena formación a modo de preparación do reto, establecerase unha competición entre os participantes para que mostren as capacidades da tecnoloxía superando distintas probas.

O hackathon está organizado por Optare Solutions en colaboración coa Universidade de Vigo, dado o seu  recoñecido prestixio no ámbito relacionado coas tecnoloxías de que permitan a operadoración de servizos dixitais autónomos. Para a realización do mesmo utilizaranse os medios despregados na universidade por Optare Solutions así como os equipos persoais dos participantes (portátiles).

O desenvolvemento do hackathon realizarase durante a xornada do 11 de decembro de 2025 en horario de 15:00 a 20:00 nun dos laboratorios da Universidade de Vigo (o lugar concreto será indicado ás persoas participantes no reto) e contará coas seguintes fases:
  • Introdución á tecnoloxía abordada no hackathon
  • Descrición do desafío de programación da competición
  • Despregamento, valoración e medida das solucións achegadas polas persoas participantes, o que dará os resultados para establecer as vencedoras.
O acceso dos participantes á contorna de test realizarase nun dos laboratorios da escola e será xestionado polo equipo da Universidade de Vigo.

A data limite de inscrición é o 9 de decembro ás 15:00h

Formulario

Detalles

Protagonista

Recinto