A I Xornada de Seguridade Dixital: Ciberseguridade e Ciberdefensa é un evento organizado pola USC e o seu Máster propio en Ciberseguridade e Ciberdefensa, e centrado na seguridade dixital e a sua importancia no contexto actual das empresas.
A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) colabora nesta xornada na que Norquality, empresa membro da entidade, é patrocinadora.
No encontro trataranse temas relacionados coa ciberseguridade dende diferentes ámbitos, coma a implantación de Esquemas Nacionais de Seguridade (ENS), a aplicación da seguirdade dixital en pemes e administracións públicas ou os ciberataques.