O Concello de Ames e Maker Faire Galicia organizan unha nova edición de Innovames, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar o 16 de decembro no Pavillón Polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no concello. O obxectivo deste evento, salientaron as entidades organizadoras, é “poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames”.
Tamén participará a Universidade de Vigo.