IV Olimpíada Nacional de Teleco: Resolvendo retos da sociedade

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

IV Olimpíada Nacional de Teleco: Resolvendo retos da sociedade

Abril 24 - 10:00 a.m. | 3:00 p.m.
IV Olimpíada Nacional de Teleco: Resolvendo retos da sociedade

Máis de 200 estudantes de 24 institutos de toda Galicia participan na IV Olimpíada Nacional de Teleco: Resolvendo retos da sociedade, unha iniciativa colaborativa de 20 escolas de enxeñería de telecomunicación de toda España e do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación, COITT.

10.00 – 12.00:  Presentación de proxectos de ESO (4 minutos por equipo) no salón de actos e exposición de proxectos de Bacharelato e Formación Profesional no corredor principal

12.00 -12.30: Descanso e pequeno refrixerio

12.30 – 14.00: Presentación de proxectos de Bacharelato e FP (no salón de actos) e exposición de proxectos ESO no corredor

14.15 -14.30: Entrega de premios e peche da xornada

As Olímpíadas de Teleco buscan promocionar estes estudos entre a mocidade preuniversitaria amosándolle como as telecomunicacións están presentes no día a día das persoas e como poden axudar a  mellorar a súa calidade de vida.

Participan como entidades patrocinadoras a Cátedra BorgWarner, Cátedra Indra, Cátedra Grupo Oesía e Televés.

Detalles

Protagonista

Recinto