Segunda edición do simposio nacional Muller e Minería organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia, coa colaboración da Cámara Oficial Mineira de Galicia e a plataforma Minaría Sostible de Galicia; e co patrocinio da Xunta de Galicia.
Estas xornadas teñen como obxectivo recoñecer o papel da muller no sector nos diferentes ámbitos da industria extractiva.