Organizado pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, o Hewlett Packard Tech Challenge consiste nun conxunto de probas que han de superarse durante 3 fases (retos, conflicto e hackaton) dende novembro de 2021 ata abril de 2022. Á última fase chegarán os 5 equipos que consigan mellor valoración nas etapas anteriores, para competir durante 48 horas nun hackaton.