Do 2 ao 6 de setembro celébrase en Vigo o 14th International Conference on Quantum Cryptography, QCrypt, un evento que, por primeira vez na súa historia, terá lugar en España. Organizado pola Universidade de Vigo e o Centro de Supercomputación de Galicia, Cesga, na sede de Afundación, participan nesta cita arredor de 250 especialistas, a inmensa maioría internacionais, procedentes de países como China, Xapón, Canadá, Inglaterra, Austria, Italia, Corea do Sur, Francia, Suíza, Australia, Singapur, Estados Unidos ou Alemaña que traballan nas múltiples vertentes que inclúe o desenvolvemento deste tipo de tecnoloxías que velan, sobre todo, polo incremento constante da seguridade e confidencialidade das comunicacións.
O martes 3 de setembro ofrecerase unha Public Lecture gratuíta no teatro Afundación.
[Prazo de inscrición rematado].