When Do LLMs Memorize? Foundations, Privacy Attacks, and Multilingual Insights

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

When Do LLMs Memorize? Foundations, Privacy Attacks, and Multilingual Insights

Abril 30 - 12:30 p.m. | 1:30 p.m.
When Do LLMs Memorize? Foundations, Privacy Attacks, and Multilingual Insights

atlanTTic organiza unha nova sesión do ciclo TTic Talks, unha serie de conferencias orientadas a explorar cuestións clave no ámbito das tecnoloxías de telecomunicación, servizos dixitais e o seu impacto na sociedade.

Nesta ocasión contará coa participación de Qiongxiu Li, investigadora e profesora da Universidade de Aalborg (Dinamarca). O seu traballo céntrase na aprendizaxe automática, o procesamento da linguaxe natural e a privacidade, especialmente no comportamento dos modelos de linguaxe e nos retos dos sistemas multilingües.

Título: When Do LLMs Memorize? Foundations, Privacy Attacks, and Multilingual Insights
Relatora invitada: Qiongxiu Li, Aalborg University (Dinamarca)

Idioma: Inglés

Data: xoves, 30 de abril de 2026

Hora: 12:30-13:30 h

Lugar: Salón de Graos da E.E. de Telecomunicación (Aulario Teleco-Minas – Sala LD03)

A charla está aberta a toda a comunidade da Universidade de Vigo.

Para asistir, é preciso confirmar a asistencia a través da seguinte ligazón:

🔗 Formulario de inscrición

Detalles

Protagonista

Recinto