- Este evento pasou.
Xornada: “Conectando en igualdade” (III)

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) organiza a terceira xornada do ciclo “Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico” o próximo 14 de maio de 2024. O obxectivo fundamental é concienciar a sociedade tratando de amosar a necesidade de que a tecnoloxía mude cara aspectos máis inclusivos, feministas e de diversidade, xa que o futuro só se pode construír en igualdade se a tecnoloxía tamén se crea e se usa dese xeito. Esta actividade conta co apoio da Unidade de Igualdade da UVigo.
O evento celebrarase no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e tamén será retransmitido en directo a través de UVigo-TV.
12.00 Apertura institucional
- Águeda Gómez Suárez. Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
- Martín Llamas Nistal. Director do centro de investigación atlanTTic.
- Rebeca P. Díaz Redondo. Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
12.15 Mesa redonda
-
Ana Fernández Vilas. Coordinadora da Cátedra R en Ciberseguridade e do Máster en Ciberseguridade MUniCS. Investigadora de atlanTTic e docente da E.E. de Telecomunicación (Universidade de Vigo).
- Eduvigis Ortiz. Presidenta e fundadora de Woman4Cyber Spain.
- Pilar Vila. CEO en Forensic & Security.
- Elena Rodríguez Lois. Investigadora da área de Ciberseguridade de atlanTTic (Universidade de Vigo).
- Modera: Edita de Lorenzo Rodríguez. Investigadora de atlanTTic, docente da E.E. de Telecomunicación e Enlace de igualdade de atlanTTic (Universidade de Vigo)
13.30 Debate
14.00 Peche da sesión


