Xornada das Profesións 2025

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada das Profesións 2025

12 Novembro, 2025 - 5:00 p.m. | 9:00 p.m.
Xornada das profesións 2025

O mércores 12 de novembro ás 17:00 horas, no Paraninfo da EEI – Sede Cidade, terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, xunto coa Escola de Enxeñería Industrial.

Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario.

Esta xornada vai dirixida ao alumnado da Escola de Enxeñería Industrial recentemente titulado ou nos últimos cursos.

Ao longo desta xornada desenvolveranse pequenas charlas por parte de relatores de distintos eidos (Pemes e grandes empresas, administración pública, docencia…) que tamén atenderán as dúbidas e consultas dos asistentes.

Proximamente a EEI publicará o programa completo.

Non perdas esta oportunidade e reserva a túa praza!

Detalles

Protagonista

Recinto