O xoves 13 de xuño ás 17:00 horas, no Paraninfo da EEI – Sede Cidade, terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia. Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario.
Esta xornada vai dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recentemente titulados ou nos últimos cursos.
O programa previsto é o seguinte:
- 17:00 horas – Recepción asistentes e relatores.
- 17:30 horas – Presentación
―José Fariña Rodríguez. Director da Escola de Enxeñería Industrial.
―Julio García Cordonié. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) e Presidente da AIIG .
―Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO).
- 17:40 horas – Continuación de estudos.
Enrique Casarejos Ruiz. Subdirector de Planificación e Plan de Estudos da EEI.
- 17:50 horas – Prácticas en empresas.
Luis Eguizábal Gándara. Subdirector de Relacións coas Empresas da EEI.
- 18:00 horas – Estadías no estranxeiro.
Cristina Trillo Yáñez. Subdirectora de Relacións Internacionais da EEI.
- 18:10 horas – A función comercial do enxeñeiro.
David Ferreirós Rodríguez. Enxeñeiro de Ventas INFAIMON.
- 18:30 horas – O enxeñeiro na PEME e como empresario..
Daniel Prieto Renda. CEO en SOLTEC INGENIEROS, S.L.
- 18:50 horas – O Enxeñeiro na Administración Pública.
Manuel Caride González. Enxeñeiro Técnico Industrial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
- 19:10 horas – O Exercicio Libre da Profesión e o Seguro de Responsabilidade Civil.
Alejandro Balsa Campos. Responsable Técnico en INDICA INGENIERÍA.
- 19:30 horas – O Enxeñeiro como docente.
Isabel Costoya Vázquez. Profesora de Formación Profesional, especialidade Análise e Química.
- 19:50 horas – O Enxeñeiro na grande empresa.
Marta Judith Fernández Docampo. Senior Project Manager GESTAMP VIGO.
- 20:10 horas – O Colexio Profesional.
Pablo Pérez Vázquez. Director de Xestión do ICOIIG.
- 20:20 horas – Saídas profesionais no estranxeiro.
Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de COITIVIGO.
- 20:30 horas – Coloquio aberto.
Asistentes e relatores.