O 5 de setembro, de 10:00 a 13:00 h, no pavillón de deportes do campus de Vigo, informarémoste sobre:
- Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
- Transporte e aloxamento
- Voluntariado e asociacionismo
- Bolsas e axudas
- Centro de Posgrao e Formación Permanente
- Servizo de Posgrao
- Biblioteca
- Mobilidade (ORI)
- Centro de Linguas
- Emprego e emprendemento
- Extensión universitaria
- Benestar, saúde e deporte
- Atención á diversidade
- Unidade de Igualdade
- Delegacións e asociacións de estudantes
Ao longo da xornada recibirás agasallos e moito máis.