Xornada de Portas Abertas 2025: Conecta con atlanTTic

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada de Portas Abertas 2025: Conecta con atlanTTic

21 Novembro, 2025 - 10:00 a.m. | 7:00 p.m.
Xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic 2025

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebra o vindeiro venres 21 de novembro de 2025 a súa oitava edición da Xornada de Portas Abertas. Nesta xornada ofrecerémosvos a oportunidade de mergullarvos no mundo das telecomunicacións descubrindo o traballo das nosas investigadoras e investigadores.

DATA: venres 21 de novembro de 2025

HORARIO:

  • Quenda de mañá: de 10:00 a 13:00 – Centros educativos.
  • Quenda de tarde: de 16:00 a 19:00 horas – Público xeral.

LUGAR: Tinglado do Porto de Vigo (Est. Porto, 3, Santiago de Vigo, 36202 Vigo, Pontevedra)

Inscrición para asistir á Xornada

Durante esta xornada, investigadores e investigadoras do centro amosarán as investigacións que están a desenvolver en diversos ámbitos das telecomunicacións. Realizaranse demostracións e presentacións de proxectos para achegar ao público, dun xeito ameno e interactivo, as principais liñas de traballo de atlanTTic: comunicacións 5G e 6G, comunicacións ópticas, aplicacións accesibles, intelixencia artificial, radar e xeolocalización ou nanosatélites.

Ademais, facer un percorrido por tódolos stands pode ter premio! As persoas que completen o circuíto entrarán no sorteo dun kit de agasallos de atlanTTic. Agardámosvos!

Detalles

Protagonista

Recinto