Co obxectivo de abrir os laboratorios á cidadanía e achegar a investigación científica e tecnolóxica á sociedade naceu en 2018 o programa Divulgando Ciencia Singular, unha iniciativa para que os centros de investigación da Universidade de Vigo dean a coñecer de primeira man o traballo que desenvolven. O atlanTTic (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación) ofrecerá a xornada #ConectaconatlanTTic, onde parte do seu persoal investigador realizará demostracións, obradoiros e presentacións de proxectos.