Co obxectivo de abrir os laboratorios á cidadanía e achegar a investigación científica e tecnolóxica á sociedade naceu en 2018 o programa Divulgando Ciencia Singular, unha iniciativa para que os centros de investigación da Universidade de Vigo dean a coñecer de primeira man o traballo que desenvolven. O Cintecx (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxías e Procesos Industriais) ofrecerá un programa que comprende tres obradoiros destinados ao alumnado do Bacharelato STEM do colexio Compañía de María de Vigo.