Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada de presentación Cámara Aberta CINTECX á mulleres e homes STEM

24 Outubro, 2025 - 10:00 a.m. | 11:00 p.m.
Xornada de presentación Cámara Aberta CINTECX á mulleres e homes STEM

O vindeiro 24 de outubro terá lugar a xornada de presentación da iniciativa ‘Cámara Aberta CINTECX a mulleres e homes STEM’. Esta iniciativa recolle as testemuñas gravadas de investigadoras e investigadores do centro que nos achegan ao seu día a día, amosando como integran a súa carreira profesional coa vida persoal.

Coincidindo cunha data próxima ao Día dos Homes pola Igualdade (21 de outubro), este evento permitirá coñecer algunhas das testemuñas recollidas, identificando posibles diferenzas, barreiras ou elementos de mellora que favorezan unha toma de conciencia para sensibilizar en materia de xénero á comunidade científica e á sociedade en xeral.

Durante a sesión, ademais de presentar o vídeo resumo coas testemuñas recollidas, terán lugar dúas ponencias e unha mesa redonda con algúns dos participantes da cámara e persoas expertas tanto no ámbito da enxeñaría como da igualdade.

📅 Data: 24 de outubro de 2025
⏰ Horario: 10:00 a 11:00 h
📍 Lugar: Auditorio de CINTECX
📝 Inscricións: Abertas ata completar aforo en: https://forms.cloud.microsoft/e/e5Z7bTynKE

Detalles

Recinto