En cada un dos campus haberá postos con información xeral (aloxamento, transporte, voluntariado…), así como sobre bolsas e axudas, biblioteca, mobilidade, Centro de Linguas, emprego e emprendemento, benestar, saúde e deporte, igualdade… A maiores ao longo de toda a xornada haberá tamén demostracións científicas, actividades culturais e deportivas, música, xogos, xeados, agasallos…