- Este evento pasou.
Xornadas de benvida no campus de Vigo

Ademais da xornada organizada pola túa facultade ou a túa escola, a Universidade de Vigo proporcionarache toda a información necesaria para desenvolverte durante os teus anos de vida universitaria. Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrecemos e recibirás algún agasallo para comezar o curso da mellor das maneiras. Ao longo de toda a xornada tamén haberá música e moito máis.
PROGRAMA
De 10.00 a 13.00 horas no pavillón universitario
- Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
- Transporte e aloxamento
- Voluntariado e asociacionismo
- Bolsas e axudas
- Centro de Posgrao e Formación Permanente
- Servizo de Posgrao
- Biblioteca
- Mobilidade (ORI)
- Centro de Linguas
- Área de Normalización Lingüística
- Cultura
- Benestar, saúde e deporte
- Unidade de Igualdade
- Unidade de Diversidade
- Emprego e emprendemento
- Tarxeta universitaria
- Residencia
- Delegacións e asociacións de estudantes
Sesión de benvida para o estudantado internacional
Ás 10.00 h
Salón de actos, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Programa
– Charla informativa (Oficina de Relacións Internacionais)
– Presentación de Buddy Programme (ESN Vigo)
– Presentación dos cursos de idiomas (Centro de Linguas)
– Test de nivel de español


